Un total de 5.242 estudantes procedentes de 88 centros de ensino secundario de toda Galicia visitaron a USC este mes de febreiro de 2023 no marco dunha iniciativa que forma parte do programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’ e coa que se pretende achegar o alumnado preuniversitario aos distintos estudos de grao que se ofertan no campus de Compostela e Lugo. Así, os mozos e mozas participantes recibirán orientación para facilitar a elección dos seus futuros estudos, alén de visitar aulas, laboratorios ou bibliotecas.
Негізгі бет 2023 Encontros na zona USC
Пікірлер