Ando estudiando o dos pronomes agora e buscando axuda acabei aqui. Estou morrendo de risa 😂
@carmele00
3 жыл бұрын
Canto talento mulleiriñas! Parabéns
@biofrr00
3 жыл бұрын
EncantouME :) Eu son das q me criei en galego dende q nacín, penso en galego, falo en galego e adoro a nosa lingua. Pero non me parece mal que outros galegos non a falen ou o fagan coas súas propias variedades (coma min, que estou lonxe de falalo 100% correcto porque mesturo a variedade do bloque oriental onde nacín con cousas da costa onde vivo hai anos e castelanismos inevitablemente adoptados da miña parella e amigos que falan castelán). Son mestra e os meus alumnos falan comigo no idioma que máis cómodos se senten e, como non hai presión e si moito respecto e afecto, xeralmente fan un esforzo para dirixirse a min en galego. A miña parella fala castelán e o noso fillo galego... En fin, como di o poema: tanto ten....O importante é predicar co exemplo, non impoñer, que a fala nos una e non sexa un tema de conflito. O galego é bonito demáis para estar pelexados por causa del...cajondiola!
@robsondesaferreira7452
3 жыл бұрын
A música da qual ela fez a paródia é bonita alguém sabe o nome da música
@thealexprime
3 жыл бұрын
Que bonitinho 😍
@aquiestamos3567
5 жыл бұрын
alguém sabe se o galego tem pronome átono no meio do verbo, tipo "amar-te-ei" ???
@davidp.7620
4 жыл бұрын
Non. Diriamos sempre "amareite". O mais parecido sería o que vai no medio das perífrases "tes que mo dicir"
@bilbohob7179
3 жыл бұрын
@@davidp.7620 hai slgo semelhante. Ainda que oficial e etimoloxicamente, a 2a persoa do plural en pasado sería: vos comestes, trouxestes Apareceu outra forma Vos comechedes, touxechedes...
@paulafuturista
8 жыл бұрын
alguén sabe cal é o poema que recita Maria lado no medio da canción? 😊
@aitorgonzalezarjones6131
3 жыл бұрын
Penso que é feito á medida do espectáculo. Coñezo bastante ben a súa poesía e, malia que me soa un anaco ao Ulises de amantes, penso que non pertence a ningún poemario
@aitorgonzalezarjones6131
3 жыл бұрын
Trabuqueime. O poema é de Lucía Aldao, dío María ó principio. Parte ven do poema "Contra a mina".
@paulafuturista
3 жыл бұрын
@@aitorgonzalezarjones6131 pois non o dou topado en internet o poema. Grazas igualmente jeje
@cantacarallada
5 жыл бұрын
Boísimo. Dedicádello tamén a algúns profes da fft, que... como van saír de aí bos tradutores de galego cando os profesores non detectan os erros? Revisando traducións do galego téñome encontrado con cada cousa..., unha vez chocoume tanto que nin o entendín 😂. E cando o entendín caéuseme todo o chao 😂😂😂.
@CrisPoppyChurri
Жыл бұрын
me he enamorado
@Bermeslivre
8 жыл бұрын
Se só fose o pronome...
@escaramujo
5 жыл бұрын
@Roberto Xiximanganes Qué portunhol? O que fala María é galego.
@ceciliagarcia4097
8 жыл бұрын
Sí o pronome e o puñetero "i" que eu só o escoito agora na costa, manda Truco na Habana! que se aínda a xente o escribise con e pois aínda, pero teñoo visto con "i" "y". Entre o pronome e o "i entón" imos acabar falando Español. Porque se se trata de pechar o e como en Portugués para que soe i fagámolo con todos os es correspondentes (en Portugués hai 5 aperturas). Con respeito ó pronome átono, estas rapazas utilizan o cheísmo propio de arousa norte e a costa da morte. Na miña zona úsase o te en certas ocasións, como cando a rapaza di no minuto 06.20 "a ti che inventaran Xullo". Na miña zona disea ti te inventaran (Non CHE deron algo, inventáronTE ) Non é tan doado parao caso dos neofalantes con tantas variedades que temos en Galicia, pero pa colocalo mal o mellor que non o falen. O cheísmo é como o laismo de Madrid. non é tan grave. Pero o da colocación e o do "I" na miña zona á miña avó poñíaa do fígado !
@Bermeslivre
8 жыл бұрын
+Cecilia Garcia É o normal en varios dialectos antes de palabras que comezan por "e": a conxunción péchase un pouco máis para distinguila do comezo da palabra. "El e mais eu", "El e eu": no segundo caso leríase "El iéu"
@ceciliagarcia4097
8 жыл бұрын
Si nese caso estou de acordo, pero non en todos os casos como o usa moita xente que non coñece esa regla. Algo parecido como o problema do pronome átono. Parece que nos temos que avergoñar das nosas variedades dialectais para falar todos neofalante mal falado, é moi triste e cada vez mais común.
@escaramujo
5 жыл бұрын
@@ceciliagarcia4097 Na miña zona todo e que non é aberto dise 'i'. É mellor falalo mal que non o falar. A min o que me pon dos nervios son os xerundios no canto do a+ infinitivo ou non conxugar o infinitivo. Por non falar de que o galego normativo non inclúa a gheada, cando máis do 80% de falantes do galego previa normativa falaba coa gheada.
@ceciliagarcia4097
5 жыл бұрын
Claro Pedro, como fan os falantes desas zonas, e os Portugueses. Meu mozo é portugués e fala así, e moi perto da súa casa en Ourense tamén, pero nótase moito cando alguén o di natural, que soa tipo llentón, lleu, que por de moda isso mal falado (ex: i cho digo eu) que é o que me repatea de xente nativa que sempre falou correctamente e o está a empregar mal por moda, como empregan o inglés para promocionar unha peluquería de barrio do meu pobo. Sempre avergoñándonos do noso, a pesar dos anuncios do Gadis
@joserui7910
5 жыл бұрын
Cecilia Garcia Imagino a delícia que será uma galega conversando com um namorado português ! Tenho pena de não me ter sucedido uma situação dessas! Acabarão por falar um idioma comum, não interessa se o português ou o galego. O problema ocorrerá quando precisarem de escrever essa linguagem deliciosa comum! Gostava de ter passado por esse desafio!
Пікірлер: 23