Capítulo nº 79 "Os Maios en Ourense"
Emisión TVG: 26 de maio de 2008
Cando as últimas choivas de Abril desaparecen e chegan os primeiros raios do sol, a natureza estanos dando un sinal: comeza o novo ciclo natural e iso para un pobo labrego coma o noso é un motivo de celebración. Así comezou hai miles de anos a festa dos maios en Galicia.
Os maios son construcións humanas vexetais que honran a chegada da primavera e da fertilidade. En Galicia a festa dos maios permanece dunha forma máis viva en Ourense, onde se mantén grazas ó concurso establecido en 1917. Dende aquela a festa dos Maios seguiu viva premiando os maios máis fermosos, os que mellor honran o froito da natureza. Ourense é a única cidade galega que conserva todas as festas relacionadas cos ciclos agrarios e da natureza.
Acompañando os maios, os concursantes cantan as coplas que son composicións que critican con humor todo o que se poña por diante. Dende políticos ata veciños de Ourense pasando por Rodolfo Chiquilicuatre.
Негізгі бет Музыка Alalá nº 79 "Os Maios en Ourense"- TVG
Пікірлер: 1