“Apuntade os días 19, 20 e 21 de maio do 2025, porque o ano que vén volverá haber Pint of Science en Carballo”. Anunciouno o concelleiro Iván Andrade no café Valle-Inclán, terceiro e último escenario por este ano do festival internacional de divulgación científica que se celebra nos bares, e que nos seus once anos de travesía polos sete mares recalou por primeira vez na Costa da Morte cunha acollida excepcional.
Tres días (13, 14 e 15 de maio), tres bares (Mercado, O Bodegón e Valle-Inclán), oito relatores (Begoña Nicolás, Paco Blanco, Lucía Tasende, Kiko Toja, Patricia Seoane, María Andrade, Verónica Bolón e Eva Souto), uns vinte minutos por charla e unha media diaria de público próxima ao centenar de persoas son os datos numéricos da iniciativa, que superou as expectativas e garante a súa continuidade.
Desde o Concello de Carballo queremos agradecer a colaboración da Fundación Luis Calvo Sanz, Universidade da Coruña, Bodegas Carballo, Ceos Galegos, establecementos de hostalaría, de todos os relatores e relatoras e, moi especialmente, de Verónica Bolón, que ademais dunha das relatoras foi unha das integrantes do equipo organizador xunto con Iván Andrade e Cristina Abelleira. Un agradecemento que facemos extensible ao variado, interxeracional e numeroso público que nos axudou a encher os bares de ciencia.
Негізгі бет Así foi Pint of Science 2024 en Carballo!
Пікірлер