No ano 1994 a Banda de Música de Sober baixo a dirección de Jesús López Prado participou no programa "Galicia Enteira" da Televisión de Galicia.
O espazo facía un percorrido polos concellos da comunidade no que se combinan entrevistas coas personalidades máis importantes dos lugares visitados co achegamento á cultura, gastronomía, economía e ao patrimonio histórico-cultural. O presentador era Xosé Manuel Orriols.
Comentarios: Cabe destacar que nesta época non era común xa actuar en directo na Televisión. En cambio neste programa, cun atrezzo dunha praza dun pobo, permitíaselle ós grupos tocar en directo (a emisión do programa sería en diferido).
A Banda de Música de Sober interpreta "Alborada Galega" de Pascual Veiga.
#Sober #RibeiraSacra #MúsicadaRibeiraSacra
Негізгі бет Banda de Música de Sober | TVG (Galicia Enteira 4 -7-1994)
Пікірлер: 1