Coloquio “A Foliada, un patrimonio a debate”, con Rafael Quintía e Xulia Feixoo, guiado por Guillerme Ignacio. Inscrito dentro das III Xornadas O Serán desta Aldea organizadas pola AGG, o Concello de Mondariz e a Asociación Castromao de Mondariz o 29 e 31 de outubro de 2023.
Xulia Feixoo é percusionista, etnomusicóloga e historiadora da arte. Na actualidade está a realizar a súa tese de doutoramento sobre música tradicional galega no departamento de Musicoloxía da Universidade de Valladolid. Dentro do panorama de música de raíz galega é integrante da Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu e do Cuarteto Caramuxo, co que vén de presentar o seu novo traballo discográfico “Reviravoltas”. Durante dez anos, foi percusionista do trío de Rodrigo Romaní, co que gravou o seu disco “Fíos de Ouro no Ar”. Como intérprete de música tradicional acadou os primeiros premios nos concursos máis sinalados do país: Concurso de Gaitas de Ponteareas (2014), Concurso de Música Tradicional Xacarandaina (2014) e Concurso de Música Tradicional de Luou (2013), entre outros. Publicou os libros “Maruxa das Cortellas. Tocadora do pandeiro…” (2018), “Mulleres de Gargamala! Cantares de tradición oral” (2018) e “Concha do Canizo. Este pandeiro que toco…” (2022) dentro da colección A Chave mestra da editorial aCentral Folque
Guillerme Ignacio Costa é compilador e músico. Mestre de canto tradicional en diversas asociacións dende 1998.
Músico e membro fundador do grupo folk Quempallou (1998-2016). Membro do grupo de pandeireteiros O Tear de Llerena (2002-2015).
Realiza traballo de campo arredor da música e o baile de tradición oral dende o ano 1998 ata a actualidade, especialmente arredor do canto acompañado de percusión nos territorios galegófonos.
Asesor musical do programa Alalá da TVG en diversos capítulos, entre o 2009 e o 2013. Dende 2018 colabora coa Radio Galega, a través da AGG, no programa Lume na Palleira. Ten publicado diversos artigos de divulgación científica encol do canto tradicional en revistas coma Aturuxo (voceiro AGG) ou o diario Nós.
Produtor artístico de diversos traballos divulgativos adicados ás fontes vivas da nosa tradición musical: José Fdez Canosa, O Ghaiteiro do Piñeiro (Do Cumio, 2010), Pandeireteiras de Barro de Arén (Phonos, 2005), Pandeireteiras de Toutón (Do Cumio, 2014), “Elelelos”, Músicas de tradición oral no Concello de Bueu (Retrouso de Cela, 2014).
Ademais, ten publicados os libros "Mulleres de Gargamala! Cantares de tradición oral" (A Central Folque, colección A Chave mestra 2017, canda Xulia Feixoo) e “Damas e Ghaláns no Entruido de Nergha. Unha danza de Entroido no Morrazo” (SAGA 2022).
Rafael Quintía Pereira é licenciado en Antropoloxía Social e Cultural; Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais; Doutorando en Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela e no CISPAC-Centro Interuniversitario de Investigación en Paisaxes Atlánticas Culturais; Máster en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional na especialidade de Xeografía e Historia.
Exerce como antropólogo profesional na empresa Ab Origine. Antropoloxía, Produción e Xestión Cultural S.L.L., da que é socio fundador e administrador. Ademais é profesor-titor na Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), onde imparte as materias de Antropoloxía Cultural, Antropoloxía das Relixións, Antropoloxía Económica I e Psicoloxía Social.
Especialista en patrimonio inmaterial e proxectos de posta en valor do patrimonio. Investigador, formador e divulgador nos campos da antropoloxía e da historia. As súa liñas de investigación céntranse, fundamentalmente, no patrimonio inmaterial. O seu traballo de investigación ten sido galardoado con cinco premios de investigación e ensaio: Premio de Investigación Xermade na Historia (2019), Premio Ferro Couselo de Investigación (2017), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2016), Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) e Premio de investigación Luís Cuadrado (2010). É autor de máis de vinte libros, de varias obras colectivas e dun centenar de artigos. No campo da antropoloxía visual realizou once documentais etnográficos e históricos.
É membro do Observatorio Internacional de Cátedra UNESCO da Universitat de València (Comité de Europa), membro fundador e Presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Vicepresidente da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural (AGANTRO), Responsable de Patrimonio da Xunta Reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo (Pontevedra) e Membro do Comité Académico de Amigos de la Cultura Celta.
Негізгі бет Coloquio “A Foliada, un patrimonio a debate” con Xulia Feixoo e Rafa Quintía. OSDA 2023
Пікірлер: 2