Gustaríache actuar nun dos mellores festivais celtas do mundo ante milleiros de persoas? Faino realidade participando na 23ª edición do Concurso Runas para novos talentos da música Celta que organiza o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira!
Poderás subir ao mesmo escenario onde grupos como Gwendal, Milladoiro, The Chieftains, Wolfstone, Berrogüetto, Shooglenifty, Carlos Núñez, Luar na Lubre. Kila ou Tanxugueiras fixeron vibrar ao público 🔥
Os finalistas actuarán na edición máis longa da historia, que por primeira vez nos seus 44 anos de vida, durará máis dunha semana!
📲 Consulta as bases en www.festivaldeortigueira.com/gl/runas e inscríbete!
👉 Comparte a túa música con todo o mundo celta no Concurso Runas. Tes ata o 29 de abril!
Agardámoste! 😃
#FestivalDeOrtigueira #OitoNaciónsUnhaCultura #ConcursoRunas
Негізгі бет Concurso Runas 2022 | Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira | Versión en Galego
Пікірлер: 2