Acerca de Joaquín Dosil
Doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, onde realizou estudos de Psicoloxía e Psicopedagoxía. Máster en Psicoloxía do Deporte e Máster en Asesoramento e Orientación Familiar. O seu traballo consite en "crear" líderes e a pesar da súa xuventude conta con múltiples cargos e postos en relación coa psicoloxía ddo deporte e a técnica do coaching de lidereado.
Acerca desta TEDxTalk
Joaquín nos convida a pensar dun novo modo acerca do que entendemos por dificuldades. Dende este punto de partida e a traves de varios exemplos persoais Joaquín nos da ingredentes para saír adiante superando as limitacións que nos autoimpoñemos para desvelar cadanseus talentos.
Acerca dos TEDx
Co ánimo de difundir as ideas que merecen a pena ser compartidas, TEDx é un programa de eventos locais, organizados de maneira independente que permiten gozar dunha experiencia similar ás que se viven nas conferencias TED. Nun evento TEDx combínase o visionado de vídeos de TEDTalks con charlas en vivo para favorecer a conexión entre o público e un debate profundo dentro dun grupo limitado de asistentes. Estes eventos locais e auto organizados denomínanse TEDx, onde x = evento TED organizado de maneira independente. A Conferencia TED proporciona directrices xerais para o programa TEDx, pero cada evento TEDx é auto-organizado.
Негізгі бет Ғылым және технология Desvelando los talentos: Joaquin Dosil at TEDxGalicia
Пікірлер