Manuel Rosales (Marín, 1935) correu a súa primeira maratón con 51 anos, en 1986. E non foi unha maratón calquera, senón a máis célebre do mundo, a de Nova Iorque. Pero esa, aínda que pode ser unha fazaña increíblemente chamativa, non foi a única da súa carreira.
Neste documental promovido pola Concellería de Deportes do Concello de Marín, o propio Rosales e o seu entorno e familia contan a historia dun deportista unido á súa vila desde pequeno e que pasou do ciclismo ao atletismo, marcando cada unha das disciplinas deportivas que tocou.
Unha vida fóra de serie que agora podemos desfrutar da man de Abel Bonilla, de ODS Produccións.
Негізгі бет Documental Manuel Rosales | Concello de Marín
Пікірлер