“Eu digo...” é unha reacción solidaria e cómplice a “Ghalegho”, onde hai unha alusión a Ribadeo que non quixemos deixar pasar sen máis por diante da porta.
Tamén nosoutros facemos alusións: Vila de Cruces, Moaña... ¿hai alguén aí?
Eu digo:
brosa: machada.
cabrois: cabróns.
camín: camiño.
camiois: camións.
chucho: bico.
cocho: porco.
cosco: caracol
dígoi: dígoo.
fato: parvo.
folgueira: fento.
ladrois: ladróns.
mazaeira: maceira.
padrín: padriño.
pantalois: pantalóns.
pícaros: nenos.
sapagueira: píntega.
xa ta: xa está.
Eu tamén me sinto orgulloso do galego pero, como coordinador, síntome aínda máis orgulloso de Sara, Cristina, María, Elena, Jaime e de toda a rapazada que mantén e usa o galego, a pesar de todos os ventos que veñen á contra.
Негізгі бет Eu digo...
Пікірлер: 34