O que foi presidente da Xunta entre 1987 e 1990, Fernando González Laxe, e a analista política, socióloga e directora xeral de Igualdade durante o Bipartito galego, Ana Luísa Bouza, conversan sobre como foi o proceso de construción da Unión Europea e cales son os principais retos aos que se enfronta na actualidade. A situación económica, social, a emerxencia climática e o aumento do belicismo son algúns dos temas que abordan en concreto.
Unha conversa realizada por Nós Televisión e gravada na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, a poucos días das eleccións europeas do 2024, co obxectivo de dar a coñecer como afectan aos galegos e galegas as decisións que se toman na UE.
#europaenós #DesafíosparaoFuturodaUE #europeas24 #eleccionseuropeas
Негізгі бет Ойын-сауық Europa e nós. Conversa entre Fernando González Laxe e Ana Luísa Bouza
Пікірлер: 4