Corría o verán de 1997 e a mocidade galega bulía entre o inconformismo e o rock and roll da man dunha xeración de grupos que fixeron a delicia dos máis cativos... (e dos menos cativos tamén)
O rock bravú chegou a Galiza para papalo todo e desa xeración xurdiron grupos como Yellow Pixoliñas, Os Diplomáticos de Monte Alto, ou elesmesmos... os máis jrandes.
Os Heredeiros da Crus ocuparon un oco no rock galego que, de feito, ninguén ocupara antes. Deron coa pócema, remexérona e compartírona cos das primeiras filas, sacando a sulfatadora, berrando carallo coma ninguén antes en escearios e estadios.
Aquí queda este docuemento que reflicte ben aquel momento, nun marco incomparable: o Castelo de Monterrei. Como xa fixeran un tal Jimi e unha tal Janis nun lugar con nome semellante, fixeron bulir á rapazada... fixéronos josar, como os cánones mandaban. E aqueles non tan nenos non esqueceron máis.
Негізгі бет Спорт HEREDEIROS DA CRUS 1997 CONCERTO MONTERREI (COMPLETO)
Пікірлер: 16