O Conservatorio Profesional de Música de Verín nace dunha necesidade de dotar a unha vila como Verín dun espazo de encontro para a formación e desenvolvemento artístico de persoas do rural ourensán de todas as idades para crear e espolear a súa faceta musical dende os máis cativos ata os maiores. Álvaro Blanco, director do conservatorio, cóntanos como é traballar no día a día e a importancia dunha institución como esta no corazón do rural galego.
Latexos do rural no Camiño é un festival itinerante de pequeno formato de carácter multidisciplinar e interdisciplinar que potencia e empodera a artistas rurais do surleste ourensán. Co obxectivo de promover a arte e a cultura no Camiño de Santiago seguindo a Vía Prata e Camiño Sanabrés, no mes de xuño de 2021, Latexos do rural no Camiño percorreu os concellos de Laza, A Mezquita, A Gudiña e Riós.
Podedes ver toda a información na web:
www.latexosdoruralnocamino.com
E seguirnos nas nosas redes sociais:
facebook.com/latexosdorural
instagram.com/latexosdorural
Esta iniciativa está desenvolvida dentro do marco do programa "O teu xacobeo".
#Xacobeo2021 #OTeuXacobeo
Organiza: Asociación Cultural da Castaña.
Colabora: Concello de Laza, Concello da Mezquita, Concello da Gudiña, Concello de Riós.
Негізгі бет Latexos do Rural no Camiño/Conservatorio Profesional de Música de Verín/ Xacobeo 2021
Пікірлер: 1