As localidades esgotadas e un gran éxito na súa posta en escena. Este é o balance do estreno nacional da obra Los habitantes de la casa deshabitada, que tivo lugar este sábado no Teatro Principal de Ourense. Un bo texto escrito polo dramaturgo madrileño Enrique Jardiel Poncela, un elenco de once actores encabezado por primeiras figuras do mundo da interpretación como Pepe Viyuela, Juan Carlos Talavera ou Manuel Millán, unha escenografía moi traballada e unha iluminación e un vestiario acordes co argumento foron os ingredientes que contribuíron a esta boa aceptación da peza polo público.
Негізгі бет Музыка Los habitantes de la casa deshabitada - Teatro Principal Ourense - TdLOU
Пікірлер