O Maratón de Galeguidades é un evento de televisión por internet da Deputación da Coruña, a celebrarse ao longo do día 24 de xullo do 2024. De maneira explícita o Maratón aposta por resignificar unha idea aberta da galeguidade no S.XXI. Poderase seguir na Canle de KZitem do IGADI.
Ao longo do Maratón daremos a volta ao mundo, acompañando os distintos usos horarios, contando con entrevistadoras e entrevistados de Asia, Oceanía, Europa, África e finalmente América.
A data escollida, o 24 de xullo, na véspera do Día de Galicia, quere subliñar e dotar de contidos a conexión entre a Galicia continental e a Galicia exterior.
#relaciónsinternacionais #globalpolitics #políticainternacional #migracion #migracións #Galiza #mundo #acoruña
Негізгі бет Maratón de Galeguidades
Пікірлер