Programa da TVG, Alalá nº 106
Data de emisión: 7 de abril de 2009 • Alalá nº 106 "Pandeire...
As pandeireteiras son un grupo musical feminino, propio da música tradicional galega, que utiliza as pandeiretas como principal acompañamento instrumental. As formacións de pandeireteiras teñen a súa orixe no traballo de axuda mutua que se realizaba na sociedade agraria anterior ao século XIX.
Ao remate destes traballos colectivos de inverno: fiadas, espadaladas, esfoliadas..., era habitual facer unha festa con música e baile. Aínda que ás veces podía vir un gaiteiro ou un acordeonista, moitas veces eran as mulleres as que poñían a música para o baile utilizando os instrumentos de percusión ao seu alcance: triángulos, latas, sellas, cunchas e, sobre todo, pandeiretas, pandeiros e e pandeiras. Nestas festas das aldeas nunca había máis de tres ou catro cantoras, que tocaban e cantaban por quendas, para que todos puidesen participar no baile. As pezas tiñan unha orde prestablecida, primeiro os bailes soltos: xotas e muiñeiras, e despois os agarrados, cun repertorio actualizado coa música de última xeración: pasodobres, polcas, mazurcas..., adaptados e incorporados así á tradición galega.
Cando, a finais do século XIX, os coros galegos comezaron a recompilar e poñer en valor esta música popular, a imaxe do gaiteiro acompañado de tambor constitúese nunha representación icónica do folclore tradicional, ignorando as pandeireteiras. Isto veu motivado polo feito de que o gaiteiro era un oficio recoñecible, exercíase nos espazos públicos: festas, romarías, procesións..., mentres que as pandeireteiras tocaban na casa, no espazo persoal, como unha das tarefas máis propias das mulleres rurais.
O piñeiro non vou máise
o piñeiro non vou máise
que me pican as areas
e os amores moito máise
ai, ai , ai
e os amores moito máise
ai, ai, ai
e os amores moito máiseee
Ata o piñeiro de area
ata o piñeiro ireie
do piñeiro para adiante
non paso nin pasareie
ai, ai, ai
non paso nen pasareie
ai, ai, ai
non paso nen pasareieee
Esta ribeirana nova
esta nova ribeirana
esta ribeirana nova
troullena eu da montaña
ai, ai, ai,
troullena eu da montaña
ai, ai, ai
troullena eu da montañaaa
Ai Manoel, Manoel del alma
ai Manoel, ramiño de palma
ramiño de palma, ramo de loureiro
Manoel del alma, meu amor primeiro
Негізгі бет Muiñeira (ribeirana) de Seixedos, Barcia de Mera, Covelo - Pandeireteiras de Seixedos
Пікірлер: 2