Segunda edición de O SERÁN DESTA ALDEAO celebrado o domingo 3 de Novembro de 2019, nesta ocasión adicado ao barrio de Cernadela. Organizado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en colaboración co Concello de Mondariz e da Deputación de Pontevedra O SERÁN DESTA ALDEA é un evento lúdico no que compartir tradición, tocando, cantando e bailando. Esta iniciativa ten como obxectivo recoñecer de aquelas mulleres que tiveron un papel fundamental na preservación da nosa cultura como as grandes portadoras da nosa tradición, de xeito que poidamos reivindicar a estas grandes mestras como o referente vivo que teñen que ser. Nesta edición a xornada estivo centrada no barrio do Cernadela (Riofrío - Mondariz) e as informantes homenaxeadas foron ás pandeireteiras de Cernadela. Ademais da homenaxe, tamén tivemos ocasión de asistir a un obradoiro de canto impartido por Leni Pérez, "A pandeireta en Cernadela"; á charla “Máis alá dos grupos, o fenómeno das 'Nueches en danza' en Asturies” da man de Llorián García; e ao obradoiro de baile que impartiu Pichi Abollado "O baile en Cernadela". E de peche, O Serán!!
- Күн бұрын
O Baile en Cernadela (charla). Impartido por Pichi Abollado
- Рет қаралды 315
Пікірлер