Acerca de Belén Varela
A súa vocación de avogada viuse claramente alterada ao descubrir que era no social e non no xurídico onde estaba o seu campo de xogo. Despois de se especializar en organización e recursos humanos, exerceu esta función algúns anos na confianza de que podería mellorar a calidade de vida de moitas persoas e obter un mellor rendimento do traballo para as organizacións. Tempo máis tarde descubriu que nas empresas que coñecía faltaba algo esencial, a clave da motivación intrínseca e, naturalmente, a clave para disfrutar...
Acerca desta TEDxTalk
A tremenda forza en escena de Belén nos transmite en todo o conxunto desta charla unha grande carga de optimismo orientado á consecución de obxectivos. Optimismo tan importante organizativamente que é fundamental na fórumula para acadar resultados.
Acerca dos TEDx
Co ánimo de difundir as ideas que merecen a pena ser compartidas, TEDx é un programa de eventos locais, organizados de maneira independente que permiten gozar dunha experiencia similar ás que se viven nas conferencias TED. Nun evento TEDx combínase o visionado de vídeos de TEDTalks con charlas en vivo para favorecer a conexión entre o público e un debate profundo dentro dun grupo limitado de asistentes. Estes eventos locais e auto organizados denomínanse TEDx, onde x = evento TED organizado de maneira independente. A Conferencia TED proporciona directrices xerais para o programa TEDx, pero cada evento TEDx é auto-organizado.
Негізгі бет Ғылым және технология Optimismo para el éxito: Belén Varela at TEDxGalicia
Пікірлер: 6