Soa con forza o folión no xoves de compadres. E moitos deses bombos que agora atronan saíron das mans de artesáns coma estes de Mourisca, no concello de Viana. Un traballo que se vai cocendo de a pouco durante todo o ano. Aquí de nada valen as présas. E para ese traballo de meses non hai que escatimar en materiais: utilizan pel de cabra e madeiras de chopo, nogueira, cerdeira ou castiñeiro. Seis meses de traballo tardan en darlle vida a cada un dos bombos que atronan os folións do Entroido.
Vídeo da TVG
Негізгі бет Музыка Os bombos de Ceferino para o entroido de Viana do Bolo
Пікірлер: 2