Este é o segundo tráiler do filme documental "PARAÍSO ROUBADO".
SINOPSE:
Este documental aborda a realidade de Lourizán entre finais do século XIX, cando Montero Ríos establece a súa residencia galega neste auténtico paraíso, e a chegada da Celulosa nos anos 60 do século XX, que supuxo a destrución da riqueza natural, paisaxística e económica desta parroquia pontevedresa, que veu perder o seu futuro como consecuencia do desarrollismo franquista. Pero tamén é un exercicio de memoria histórica, un recoñecemento á loita das mariscadoras que se enfrontaron á represión armada na defensa do banco marisqueiro e o pan dos seus fillos, unha loita que non pode caer no esquecemento.
É a crónica dun paraíso perdido,…. dun PARAÍSO ROUBADO!
Негізгі бет PARAISO ROUBADO - TRAILER 2
Пікірлер