MOI BOA A INTERPRETACIÓN DE RAICES COMBINADAS DE LIMIÑOA. PARABÉNS. MANEO DE LIMIÑOA Meu amor non me fala nen fala nin me preghunta fala meu amor fala que eu non che tiven a culpa fala meu amor fala que eu non che tiven a culpa Ai la, la... Limiñoa é ben bonito anque non queda ninguén-e anque o lugar é pequeno aqui pasámolo ben-e aunque o logar é pequeno aqui pasámolo ben-e Ai la, la, ... Teño unha paloma branca no adro da miña leira non lle tires cazador-e que é a miña compañeira non lle tires cazador-e que é a miña compañeira Ai la, la, ... MUIÑEIRA DE LIMIÑOA Vexo Vigho, vexo Vigho tamén vexo Redondela vexo a ponte de San Paio camiño da miña aldea vexo a ponte de San Paio camiño da miña aldea Axudádeme a cantar-e botádeme aquí unha axudiña eu non me podo axudar-e desta miña gargantiña eu non me podo axudar-e desta miña gargantiña Toca, miña pandeireta, senón heite de rachar-e que me custáche-los cartos, axúdamos a gañar-e que me custáche-los cartos, axúdamos a gañar-e Este pandeiro que toco, este que teño na man-e Éche de miña cuñada, da muller do meu irman-e Éche de miña cuñada, da muller do meu irman-e Que ben baila, que ben baila aquel bailador onde é o bailar é de Seaia el de Seaia non é o bailar é de Seaia el de Seaia non é Onde van os de Seaia os de Seaia onde van-e onde van os de Seaia na foliada non estan-e onde van os de Seaia na foliada non estan-e Aí vos vai a despedida, mais non é para marchar-e é pa darlle a pandeireta, a quen a queira tocar-e é pa darlle a pandeireta, a quen a queira tocar-e.
Пікірлер: 1