Ricardo Portela Bouzas (Viascón, 1920-Pontevedra, 1992) foi o último dos célebres referentes históricos da tradición gaiteira pontevedresa, que tomando o relevo de Xoán Tilve de Campañó e do Gaiteiro de Soutelo tras o maxisterio Xosé Oliveira Blanco “O Moreno”, simbolizou para as novas xeracións de ámbito urbano fundamentalmente, o nexo coa tradición nun momento clave no que agromaban outros xeitos de tocar e de entender o instrumento.
Fiel aos seus ideais realizou unha constante labor reivindicativa a prol da nosa música, da nosa gaita e da figura do gaiteiro e contribuíu decisivamente na recuperación do toque pechado esmorecente na altura.
No seu singular toque pechado, semipechado, alternaba a dixitación aberta e a pechada segundo o tema ou a pasaxe a interpretar ao tempo que empregaba abundantes ornamentos e matices expresivos metodicamente desenvolvendo unha estética musical moi persoal coa que acadou unha sonoridade propia e distintiva.
Deste xeito o obxectivo da ponencia é afondar no toque porteliano a través das súas gravacións identificando tanto a dixitación como os recursos empregados e propoñer un sistema para a súa representación que contribúa á súa transmisión e uso no ámbito do ensino.
Негізгі бет Óscar Ibáñez. “Aprox. aos recursos e á técnica interpretativa do toque pechado de Ricardo Portela”.
Пікірлер: 4