A 1993-94 foi unha temporada histórica para o Celta. Con Txetxu Rojo á fronte do banco, e xogadores senlleiros como Gudelj, Cañizares, Engonga, Otero, Vicente, Patxi Salinas, Ratković, Andrijašević ou Losada, o cadro vigués obtivo vitorias de sona, como as acadadas fronte a Real Madrid e Atlético de Madrid en Balaídos.
Pero o que ficará na lembranza do celtismo nesta campaña hebería ser, sen dúbida, a participación do conxunto celeste na Copa do Rei. Once metros separaron ó Celta de erguer o primeiro título do fútbol galego na final disputada diante do Zaragoza no Vicente Calderón.
Velaquí todos os goles do Celta realizados en tan sobranceira tempada.
MÚSICA:
1. Á Volta da Lúa, de Ezetaerre e Marta Espinosa.
2. Canceira, de NAO con García MC
3. Dúas Lúas, de Sés
4. Planeta Alerta, de Arrhythmia e JazzWoman
Негізгі бет TODOS OS GOLES DO CELTA 93/94
Пікірлер: 3