Título: Ven a bailar
Artista: O Caimán do Río Tea (Rafael Martínez)
Emitido no programa: Xabarín Club (TVG)
------------
Letra:
Entrei co carro na cidade
buscando onde aparcar,
o da modernidade non é comodidá.
Boina na cabeza, pitillo na man
e a miña vaquiña que non para de abonar.
Cheguei de noite de movida,
buscando onde ligar
algunha rapaciña para poder bailar.
Zocos de madeira, sen afeitar,
hoxe vou triunfar.
Tomando unha chiquita, que raio de min,
e unha nena ben feita
que me empeza a sonreír.
Pedinlle Ana Kiro ao neno do bar,
collina da cintura e comencei a berrar.
Ven a bailar muller, ven a bailar,
cos homes da cidade non debes namorare!
Ven a bailar muller, ven a bailar,
cos homes da cidade non debes namorare!
Tiña unha restra de cebolas
e dinllas a probar.
Quedou marabillada,
escomezou a bicar.
Saíu un home fornido que andaba por alí
con horas de ximnasio mirando para min.
Sacoume para fóra, tiroume no chan,
non era celoso, diaño de can!
Saquei o bastón, comenza a función,
botei a berrar, botei a escapar.
Ven a bailar muller, ven a bailar,
cos homes da cidade non debes namorare!
Ven a bailar muller, ven a bailar,
cos homes da cidade non debes namorare!
Негізгі бет Ven a bailar (O Caimán do Río Tea)
Пікірлер