Partido correspondente á xornada 11 de liga fronte o San Adrian. Encontro cunha primeira metade con pouco fútbol na que ningún equipo conseguiría achegarse con perigo á portería rival.
A tónica non cambiaría nos seguintes 45 minutos, onde o equipo local conseguiu transformar unha das súas chegadas mentres que nós non teriamos fortuna na única ocasión de perigo que xeramos en toda a segunda parte.
Así como a semana pasada o traballo no campo era algo positivo, hoxe non podemos destacar nada xa que non fomos contundentes en ningunha das dúas áreas. Hai que seguir traballando porque estamos moi lonxe da nosa mellor versión.
Agradecer a todos os que vos desprazastes a animar.
Nosas redes:
facebook.com/profile.php?...
/ scdpontecaldelas
Негізгі бет Спорт XORNADA 11: SDC SAN ADRIAN - SCD PONTE CALDELAS
Пікірлер