Partido aparazado correspondente á xornada 21 de liga fronte o Tyde. Encontro cunha primeira metade na que tivemos uns bos primeiros minutos, con ocasións e moita concentración atrás ata o momento no que quedamos con 1 menos, o que nos supuxo un esforzo dobre o resto do partido.
A pesar de encaixar un gol, soubemos darlle a volta ao marcador grazas ao gran traballo do equipo, que non se dobregou en ningún momento. Parece mentira que teñamos as cousas máis claras xogando con 10.
Os 3 puntos de hoxe son importantísimos, non só pola falta que nos fan, tamén por como se traballaron. Esperamos que sirva como recordatorio do que somos capaces de facer.
Agradecer a todos e todas polo apoio e desexarvos unha feliz semana santa.
As nosas redes:
/ scdpontecaldelas
facebook.com/profile.php?...
Негізгі бет Спорт XORNADA 21: SCD PONTE CALDELAS - TYDE CF
Пікірлер