Partido correspondente á xornada 29 de liga fronte o Umia. Encontro cunha primeira parte para esquecer, na que o único que fixemos foi correr detrás do balón, sen a capacidade de xerar un mínimo perigo. O descanso e os cambios conseguiron meternos no partido pero non foi suficiente para chegar con máis frecuencia á área rival e igualar o marcador.
Quédannos 5 finais por xogar nas que temos que ter moi presentes partidos como o de hoxe para lembrar que non debemos facer se queremos lograr a salvación.
Agradecer a todos os que vos desprazastes a animar.
Nosas redes:
facebook.com/profile.php?...
/ scdpontecaldelas
Негізгі бет Спорт XORNADA 29: UMIA CF - SCD PONTE CALDELAS
Пікірлер