Do repertorio de Os Peruchos de Castrelos, referente para moitos gaiteiros.
O remate da peza a toco moi lenta co punteiro eléctrico en Re para que poidades tocala coa frauta rectificada. e con independencia da opinión que poida ter calquera seguirei a utilizar esta técnica por ser moito mais precisa que coa frauta, sen cortes e sen perdas de picados que de outro xeito se perden pola continuidade no son da gaita, para nada semellante a frauta.
Deixémonos de lerias, o son é o de menos e na idea está que aprendades os que non sabedes unha nova e mais que interesante peza para que así sigades apañando repertorio e as cativas e progresivas técnicas que podemos precisar para acadar coñecementos. Logo xa vos iredes a onde vos veña.
Aproveito para lebrar que hai unha plataforma cheiña de cousas de moito interese para os gaiteiros, certo, sei que as veces pasa como cos móbiles e as tecnoloxías modernas, que primeiro as rexeitamos e o remate caímos de cheo nelas. gaitasegaiteiros.com Pasade e coñecela, paga a pena saber dela.
Негізгі бет XOTA DOS PERUCHOS DE CASTRELOS - FINAL LENTO EN RE
No video
Пікірлер: 2