Ramón Fernández é un peregrino e apaixoado polo Camiño de Santiago. Fíxoo por primeira vez el só con 18 anos, no ano 1968 e dende entón tiven unha unión e sintonía única co Camiño. Participando en Asociacións do Camiño, limpando os percorridos e letreiros, é coñecedor de diversas rutas e camiños e posúe unha amplísima colección de fotografías. Ademáis de agasallar máis de 5 milleiros de libros por todo o mundo coas súas fotos, comparte unha exposición fotográfica nestes Latexos do Rural no Camiño.
Latexos do rural no Camiño é un festival itinerante de pequeno formato de carácter multidisciplinar e interdisciplinar que potencia e empodera a artistas rurais do surleste ourensán. Co obxectivo de promover a arte e a cultura no Camiño de Santiago seguindo a Vía Prata e Camiño Sanabrés, no mes de xuño de 2021, Latexos do rural no Camiño percorreu os concellos de Laza, A Mezquita, A Gudiña e Riós.
Podedes ver toda a información na web:
www.latexosdoruralnocamino.com
E seguirnos nas nosas redes sociais:
facebook.com/latexosdorural
instagram.com/latexosdorural
Esta iniciativa está desenvolvida dentro do marco do programa "O teu xacobeo".
#Xacobeo2021 #OTeuXacobeo
Organiza: Asociación Cultural da Castaña.
Colabora: Concello de Laza, Concello da Mezquita, Concello da Gudiña, Concello de Riós.
Негізгі бет Latexos do Rural no Camiño | Ramón Fernández | Fotografía no Camiño de Santiago - Xacobeo 2021
Пікірлер: 1