Sen Pelos na Lingua. Historias de Neofalantes’ é unha serie de sete pezas audiovisuais que relatan, a través de distintos perfís persoais, diferentes historias de amor pola lingua que unen a persoas de distintas orixes e procedencias que integran ese esperanzador colectivo dos
novos falantes do galego.
A finais do ano 2021 Chantada Comunicación S.L. e a Canle Ribeira Sacra colaboraron neste proxecto audiovisual enfocado na difusión da lingua galega e no fomento da autoestima e a posta en valor do uso xeralizado do galego co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Sete neofalantes de distintas nacionalidades, incluso galegos e galegas, que deron o paso en prol da fala, fálannos da súa vida cotiá e da presenza que ocupa o idioma nas súas vidas As pezas mesturan paisaxes e conversas frescas e pretenden chegar a todos os públicos, tamén ao xuvenil, a través da súa difusión a través da rede.
Poden visualizarse e compartirse a través da canle de KZitem de Política Lingüística e simultáneamente a través desta mesma plataforma, a Canle Ribeira Sacra.
Негізгі бет 'Sen pelos na lingua Historias de Neofalantes' André Espiñeira
Пікірлер